Presentación en Betanzos

O Cine Alfonsetti acolleu a presentación do documental “Suso. Fóra de lugar”, o día 11 de maio. Un pase que contou coa presenza do director do filme, Alberto Sacido, e mais do seu protagonista, Suso de Toro.
Esta peza audiovisual que non só fai un repaso pola vida do escritor compostelán, senón que ademais presenta o encontro con 26 persoas e colectivos cos que Suso de Toro compartiu as conversas que van construíndo “Suso. Fóra de lugar”, e que reflexionan sobre o seu traballo, a súa vida e as dificultades de ser escritor galego, tanto dentro como fóra de Galiza.
Todas as presentacións do documental contaron co apoio da Deputación da Coruña.

Todas as presentacións do documental contaron co apoio da Deputación da Coruña.