DOCUMENTAL
BIOGRAFÍA ALBERTO SACIDO
Nado na Serra de Outes (A Coruña) en 1964, Alberto Sacido Romero vai aprendendo das moitas viaxes que o van levando por Santiago de Compostela (Bacharelato), Boston (COU), U. de Santiago (Licenciatura en Filoloxía inglesa), Bennington College (Lectorado), Brown University (Máster e ABD) e diversos centros educativos de Galicia (A Estrada, Xanceda, Bembibre) ata o seu actual lugar de traballo, o IES Rosalía de Castro de Santiago. Ao final da súa estancia na Asesoría de Innovación Educativa da Consellería de Educación o azar lévao a contarlle ao director Jorge Algora o seu proxecto de poñer en imaxes a historia profesional e vital dun mestre, o seu pai, desde que chegou a unha escola unitaria en Camboño (Lousame) ata a visita a unha desas escolas hoxe en día no CRA de Boqueixón-Vedra. A súa proposta de escribir un guión seguindo o modelo dunha das súas pezas acabou na rodaxe de “Unitarias” (2014) e a darlle outro xiro máis a unha vida que sempre busca novos retos.
E así foi como chegou a el por azar outra historia para contar con imaxes. Compartiu desde 2014 con Suso de Toro en corredores, paseos pola zona vella e diante dalgún café as inquedanzas comúns sobre o seu oficio de docentes, a complexa interrelación laboral, a actualidade e, sobre todo, a creación literaria. Del foi recibindo dosificadamente textos publicados da súa obra que non tiveran tempo de asentarse máis aló duns poucos días na mesa de novidades das librarías, pero tamén artefactos como as súas bitácoras persoais, onde descubriu a loita íntima por ser e continuar sendo, contra vento e marea, un autor literario en galego asentado con fortes raíces en Compostela.
Esta relación e coñecemento da súa obra e da súa persoa foi pouco a pouco estendéndose no seu entorno máis íntimo e, xunto coa súa muller, Chefa, propuxéronlle a Suso buscar un xeito de contar esta historia. Na mesa da terraza da súa casa de verán nun día de finais de agosto do 2016 Suso foi debullando historias do seu proceso vital e creativo asentadas en artefactos que, colocados nunha caixa de laranxas, acompañaron a Chefa e Alberto durante meses enriba da súa mesa de traballo mentras escribían un guión que pasou por varias mans (Aser Álvarez, de Arraianos Producións, Gaspar Broullón, de Danga Danga Audiovisuais, e o equipo de Nós Televisión) nun camiño tortuoso de caída consecutiva dos proxectos ata chegar ás mans de Nacho Fungueiriño, de Culturactiva, que conseguiu, finalmente, que a Deputación da Coruña apoiara a postprodución, remate e estrea do filme.
O apoio do equipo de Culturactiva durante dous anos e do equipo directivo e a comunidade educativa do IES Rosalía foi determinante para levar a cabo a filmación, moitas das veces nas propias instalacións do centro, dos encontros con 26 persoas e colectivos cos que Suso de Toro compartiu as conversas que van construíndo “Suso. Fóra de lugar”. Particularmente significativa e continua foi a axuda constante do alumno Manuel Rubial Franesqui, que, xunto con familiares e amigos, operarou os equipos de rodaxe propios e do IES Rosalía, que fixeron posible o remate deste filme despois de máis de 7 anos.
EQUIPO
OPERADORES DE CÁMARA
MANUEL RUBIAL FRANESQUI • LORENZO NEGUERUELA • NEL DE TORO • JUAN MESEGUER • MANUELA GÓMEZ FERRO • ALEXANDRE SOTO RODRÍGUEZ • GAEL NODAR FERNÁNDEZ • MARCO SACIDO LECHAP • CHEFA LORENZO TOREA • PABLO DE JESÚS ENRIQUE • ASER ÁLVAREZ • LAURA YÁÑEZ • GASPAR BROULLÓN • ALBERTO SACIDO
Operadores de cámara
FIGURACIÓN
BEATRIZ VARELA • MÍRIAM DOCAMPO • JOSÉ MARÍA ARCE • LUCAS FONSECA • TELMO FONSECA • ALAIA JUANATEY
Figuración
GUIÓN
ALBERTO SACIDO • CHEFA LORENZO TOREA
Guión
MONTAXE
ALBERTO SACIDO
Montaxe
EDICIÓN
ALDÁN DELGADO
ALBERTO SACIDO
Edición
TRADUCIÓN
EDUARD VELASCO
Tradución
SON
ALBERTO SACIDO
GASPÁN BROULLÓN
NEL DE TORO
MARCO SACIDO LECHAP
Son
MATERIAL TÉCNICO
IES ROSALÍA DE CASTRO
ALBERTO SACIDO
Material técnico
MÚSICA
"A rianxeira" (Xesús Frieiro e Anxo Romero)
Interpretada en directo por
UXÍA E SÉRGIO TANNUS
Música
COMUNICACIÓN
ALEJANDRO NIEVES RODRIGUES
ROCÍO CIBES
Comunicación
PARTICIPANTES
SUSO DE TORO • ALBERTO SACIDO • ANTONIO DE TORO • XELÍS DE TORO • ALUMNADO DO CÍRCULO LITERARIO DA LUDOTECA DE FONTIÑAS • PEPE BARRO • ANTONIO PEDRÓS GASCÓN • TONI DOCE • JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ HERRÁN • XOSÉ LUÍS AXEITOS • JOSEP MASSOT • MANUEL RIVAS • UXÍA • MANUEL BRAGADO • SILVIA QUERINI • VALERIA CIOMPI • JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO • CAMILO NOGUEIRA • ANA PONTÓN • ÀLEX SUSANNA • MIQUEL DE PALOL • BERNARDO ATXAGA • ANA CABALEIRO • CARMEN VILLAR • SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS • PARTICIPANTES DO CLUBE DE LECTURA ALVEIROS DE OURENSE • JUAN RAMÓN BALTAR TOJO • FRAN ALONSO
Participantes por orde de aparición
NOVAS
Presentación en Cedeira
22/05/2024
O Auditorio Municipal de Cedeira será o escenario da presentación do documental “Suso. Fóra de…
Presentación en Betanzos
15/05/2024
O Cine Alfonsetti acolleu a presentación do documental “Suso. Fóra de lugar”, o día 11…
Presentación en Ribeira
05/05/2024
O Auditorio Municipal de Ribeira foi o escenario da presentación do documental “Suso. Fóra de…