O documental “Suso. Fóra de Lugar” preséntase o 27 de abril na Casa da Cultura de Outes
A Casa da Cultura da Serra de Outes será o escenario da presentación do documental “Suso. Fóra de lugar”, un filme de Alberto Sacido no que o escritor Suso de Toro revisa o seu camiño nas marxes, nunha conversa constante que o leva a revisitar os seus inicios, os seus modelos e proxectos literarios, os obstáculos na súa carreira, a súa militancia política, e o abandono e posterior regreso á súa profesión de escritor.
Despois da presentación en Compostela, o da Serra de Outes será o segundo pase deste documental, e terá lugar na Casa da Cultura o 27 de abril ás 20 horas.
As seguintes proxeccións prevense para o mes de maio, en Ribeira o día 4; o 11 en Betanzos e o día 26 en Cedeira.